“Atravesamos os infértiles eidos da deslocalización e a homoxeneización das diferenzas na gran narrativa do global, e dilución da identidade e unha perda importante de creto nos obxectos postos en circulación”, asegura Lola Dopico, directora de Esdemga e comisaria, xunto a, tamén profesora da Universidade de Vigo, Cristina Varela, da exposición Dar forma ao esquecido, que este xoves se inaugurará na Galería Sargadelos de Pontevedra, onde se poderá visitar ata o 31 de xullo. A mostra acolle preto de 20 pezas dunha ducia de artistas,formados en Esdemga e na Facultade de Belas Artes.
16/07/2014