San Teleco, patrón da E.T.S.E. de Telecomunicación, será festexado o próximo 16 de novembro, pero mentres non chega ese momento os alumnos poden ir quentando motores a través da participación en eventos deportivos, xogos de naipes, torneos virtuais ou o xa tradicional concurso de monólogos, que se celebrará o día previo á festividade. Deste xeito os que se atopen en plena forma terán a oportunidade de demostrar as súas cualidades en partidos de fútbol 7, fútbol sala e baloncesto 3*3, actividades que se desenvolverán nos campos de herba sintética e no pavillón polideportivo do campus.
06/11/2007