O equipo júnior de baloncesto masculino recibe este domingo no pavillón universitario ao Peleteiro, cadro de Santiago co que van moi igualados na clasificación. Os xogadores sénior de baloncesto masculino, pola súa banda, poderán desfrutar da fin de semana do entroido grazas a un merecido descanso que non os devolverá á competición ata o 20 de febreiro, data na que se enfrontarán ao actual líder da táboa de clasificación, o Allariz Blanco Quintas. Descanso tamén para o equipo sénior de rugby que esta fin de semana non xogará ningún partido de competición.
12/02/2010