Este xoves publicouse a nova Lei de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación no Boletín Oficial do Estado, iniciándose oficialmente a conta atrás para a súa entrada en vigor dentro de seis meses. Coincidindo con este fito, Felipe Pétriz, secretario de Estado de Investigación; Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, e Jesús Vázquez, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, achegáronse a Ourense para participar na Conferencia RedOtri 2011. Perante máis dun cento de técnicos de transferencia das Oficinas de I+D de 70 universidades e organismos españois, Pétriz salientou que “xa non valen os discursos, temos que crérmolo e facer que a sociedade perciba que vamos a saír máis rápido da crise se apostamos polo cambio do modelo produtivo”. Como instrumentos para ese cambio, a nova Lei de Ciencia e máis e mellor transferencia de coñecemento do ámbito público ao privado.
02/06/2011