Hai algo máis dun mes chegaron a Ourense para estudar na Universidade procedentes de países moi diferentes, como Alemaña, Portugal, Arxentina ou Brasil. Pouco coñecían da cidade que os ía acoller e estaban á expectativa de ver como resultaba a experiencia. Este xoves o alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, daba a benvida ao alumnado estranxeiro do campus, unha oportunidade que aproveitaron os estudantes para facerlle chegar as súas boas impresións da cidade. A seguridade e a beleza de Ourense e a amabilidade da xente, tres dos factores máis destacados polos alumnas e alumnas.
03/03/2011