A Facultade de Ciencias da Educación xa ten nova decana. Mercedes Suárez, profesora universitaria dende 1974 e experta en Pedagoxía, tomou o relevo de Xosé Manuel Cid tras recibir a súa candidatura, a única presentada, 45 votos a favor, 10 en contra e 7 en branco na Xunta de Facultade. No seu equipo aparecen caras coñecidas, como o propio Cid, en calidade de vicedecano, ou Ramón Ángel Fernández. Entre os novos atopamos a María Lameiras e María del Pino Díaz, como vicedecanas, e a Antonio González, como secretario.
Mercedes conta para o DUVI os seus proxectos á hora de dirixir a facultade nun momento decisivo para o seu futuro.
07/03/2008