Unha exposición como acción de transferencia de investigación. En principio pode soar unha combinación estraña de conceptos pero é a esencia da exposición Estamos (I) somos (+D)2, que desde este martes acolle a Biblioteca do campus. Nela, o grupo de investigación artística ES2, da Universidade de Vigo, amosa a través das súas creacións o froito do traballo investigador que realizan en diferentes liñas, como a natureza, o corpo, a palabra, a muller e o espazo público. I+D máis creación a través da visión de sete creadoras cando se conmemora o Día Internacional da Muller.
15/03/2011