Coa chegada das vacacións de Nadal volve a Mostra de Teatro Infantil, MOTI, un referente na vida cultural de Ourense no que a animación, teatro de rúa, maxia, marionetas e o teatro de autor, son os protagonistas en diferentes espazos da cidade. O obxectivo desta cuarta edición é non deixar fóra a ninguén pois, aínda que os espectáculos están dirixidos principalmente a nenos e nenas, son aptos para todos os públicos e teñen vocación familiar.
21/12/2007