O fútbol move paixóns pero tamén moito diñeiro. O soldo dos xogadores, os custes dos traspasos ou a débeda dos clubs son cuestións que, ao igual que os éxitos e derrotas no campo, están presentes nos medios de comunicación e nas conversas cotiás. Tamén son temas de interese para a investigación académica. O profesor Ángel Barajas e o SET Research Group da Universidade de Vigo, traballan, entre outros temas, na análise da situación económica dos clubs co obxectivo de atopar ferramentas que contribúan á súa maior eficiencia económica. Os custes dos xogadores e as fontes de ingresos, claves para o futuro das entidades deportivas.
25/04/2011