Sete foron as exposicións que ao longo do curso 2007/2008 desfilaron pola sala Alterarte do campus e sete son, por tanto, as videoproxeccións que o Centro Cultural da Deputación de Ourense acolle, a modo de resumo do proxecto, na mostra Observatorio: Alterarte. Ata o 3 de agosto e de xeito gratuíto, os que se acheguen ata o Edificio Simeón terán a oportunidade de descubrir a arte contemporánea da man de F.R.I.C.S, Enrique Lista, Fran Meana, Furalefalle, Jesús Jiménez, Oliver Añón e Tamara Feijoo, tal e como fixeron o vicerreitor do campus, Juan Francisco Gálvez, o presidente da Deputación, José Luis Baltar ou a concelleira de Educación, Ana Garrido, durante a inauguración da mostra.
10/07/2008