Equilibrio, cooperación, dereito, inclusión, consenso, tolerancia, xustiza, conciencia, igualdade e equidade. Estas son as dez solucións pola igualdade que este xoves se descubriron no campus de Ourense nun pasatempos xigante despregado na fachada do Edificio Politécnico. Con esta iniciativa a comunidade universitaria ourensá quixo unirse dun modo orixinal, participativo e simbólico á conmemoración este 8 de marzo do Día Internacional da Muller. Tamén houbo tempo para facer mememoria e visibilizar o papel das mulleres coa presentación na Biblioteca universitaria do Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega
08/03/2012