A Literatura e a Química, a docencia e a investigación, as Letras e as Ciencias. Ás veces separadas por unha barreira intanxible pero sempre necesariamente unidas para que unha universidade se converta naquilo no que debe ser: unha institución formadora das futuras xeracións, xeradora de coñecemento, creadora de riqueza para a contorna na que se insire e aglutinadora de cultura. Pero esa barreira esvaeceuse no acto académico conmemorativo da festividade de San Tomé de Aquino, no que o escritor Agustín Fernández Paz e o químico Julio Casado Linarejos, tomaron posesión como novos Doutor Honoris Causa pola institución viguesa. A unión entre ambas disciplinas é tamén a demostración das virtudes que xorden das sinerxías entre todos os campos do saber, e que fixeron da Universidade de Vigo “unha auténtica cidade de homes e mulleres que traballan no mundo do coñecemento e da sabedoría”, en verbas do reitor, Salustiano Mato.
Agustín Fernández Paz, seis lembranzas e unha narración de camiño ao Honoris Causa
Julio Casado Linarejos, o orgullo de ser mestre de xeracións de químicos
O reitor demanda un maior apoio público ao SUG e defende o modelo de campus especializado
28/01/2013