Tras sufrir unha caída de preto de 20 millóns de euros nos seus orzamentos en tan só tres anos, a Universidade de Vigo foi quen este ano de equilibrar as súas contas e manter o importe do orzamento para o próximo exercicio, logrando incluso un incremento porcentual do 0,15%, quedando o orzamento total fixado para 2013 en 163,2 millóns de euros. Un logro que, a xuízo do vicerreitor de Economía e Planificación, Xosé Manuel García, encargado de presentar ao Claustro as liñas xerais dos orzamentos para o vindeiro ano, se logrou “sen danar de xeito substantivo ao capital humano da institución, mantendo o esencial do emprego, así como as políticas de bolsas e internacionalización”.
As principais ferramentas para lograr por fin a tres anos consecutivos de caída nos orzamentos son a posta en marcha do Plan de Financiamento do SUG 2011-2015 e o incremento na captación de recursos.
17/12/2012