Con motivo da celebración este domingo 25 do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres estanse a realizar dende o inicio da semana, en distintos puntos da cidade, unha serie de actos entre os que se atopan encontros, obradoiros, cine e teatro. Organizados pola concellería de Igualdade do Concello de Ourense, contan coa colaboración doutras moitas entidades ourensás como a vicerreitoría do campus de Ourense, a vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, o Servicio Galego de Igualdade , a Casa da Xuventude, cafés culturais, e asociacións. O obxectivo é achegar a problemática da violencia machista á cidadanía con iniciativas adaptadas a todos os sectores e ámbitos, non limitarse a un único día conmemorativo.
23/11/2007