Tras un difícil proceso de selección ante a cantidade de traballos recibidas, os X Premios de Creación Artística, promovidos dende Extensión Universitaria e dirixidos a todos os membros da institución, xa teñen dono. Nesta edición, aberta á música, pintura, creación audiovisual e fotografía con temática libre, repartíronse un total de 8700 euros co fin de dar pulo aos novos valores nun momento marcado pola crise económica. O xurado, que tivo en conta todos os traballos amateur e orixinais, estivo conformado por membros da comunidade universitaria que, ante a aptitude de todas as obras, non deixaron ningunha categoría sen galardón.
27/09/2012