11.15 horas. Aparcadoiro da Escola de Enxeñería Industrial. Con dúas horas de retraso sobre o previsto por cuestións de permisos de AENA e a autoridade militar despegaba o Balloon Xat 001, un proxecto pioneiro co que a Universidade de Vigo quere testar compoñentes e sistemas dos novos picosatélites a través do envío dun globo á estratosfera. O Grupo CIMA é o responsable do proxecto, que incluirá cinco lanzamentos para ir probando desde o comportamento das baterías ata “o sistema de despregue de antenas, de paneis solares…” do FemtoXat, un dos satélites máis lixeiros do mundo, de 250 gramos. “Permítenos ensaiar en condicións similares ás que se poden atopar os satélites comerciais, pero a un custe menor a enviar directamente o aparello ao espazo e ver que pasa”, explicou José Antonio Vilán, vicerreitor de Transferencia do Coñecemento e director do grupo.
18/02/2013