A Galiza de Bóveda é a nova publicación da Cátedra Alexandre Bóveda, presentada hoxe no Concello de Pontevedra, un volume que, segundo o seu coordinador, o historiador Uxío-Breogán Diéguez, “marca un antes e un despois” no coñecemento da figura e o pensamento do insigne galeguista, estudando exhaustivamente as súas facetas máis descoñecidas. O volume recolle as actas do Congreso A Galicia de Bóveda, celebrado en 2003 con motivo do centenario do nacemento do histórico galeguista. Reúne as conferencias de máis de quince autores e autoras, entre os que figuran destacados intelectuais como Ramón Villares, Avelino Pousa Antelo, Alfonso Álvarez Caccamo, Manuel Beiras, Pilar García Negro ou Aurora Marco.
04/02/2010