Na actualidade existe unha gran controversia en torno a se os microorganismos posúen ou non a capacidade de dispersión global, é dicir, se poden chegar a calquera parte da superficie da Terra, ou polo contrario, o seu espallamento está limitado por barreiras xeográficas e naturais.
É nesta cuestión na que se centra un estudo elaborado polo doutor e investigador Pedro Cermeno, do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, en colaboración co profesor Paul G. Falkowski, do Institute of. Marine and Coastal Sciencies, da Rutgers University, e do que a prestixiosa revista Science ven de publicar un artigo no seu último número. Foi, precisamente, durante a súa estancia en Nova Jersey, a través do programa Marie Curie da Unión Europea, cando se realizou o estudo.
25/09/2009