A sorpresa chegou demasiado cedo. O Universidade de Vigo de xadrez disputou esta fin de semana a semifinal da Liga Galega. O rival, o Círculo Ferrolán, parecía alcanzable, xa que durante a tempada a vitoria foi para os vigueses, pero esta vez, a sorte non estaba do seu lado e caeron por un axustado 2.5-3.5. Agora tan so aspiran ao terceiro posto, polo que loitarán na final de consolación que se disputará este sábado 9 de abril en Lugo. “É un duro golpe para todos”, recoñecía García, o capitán do equipo, unha vez consumada a derrota. “Despois de ser os máis regulares na Liga os xogadores merecían estar nesa final”, aseguraba.
04/04/2011