A Sala X inaugurou este xoves a mostra Cada paso conta, que reúne a obra de nove de creadores emerxentes. A montaxe, comisariada por Javier Díaz-Guardiola, presenta a escolla da vixésima edición do certame madrileño Circuítos de Artes Plásticas e Fotografía de Madrid, co que a Facultade de Belas Artes mantén un intercambio habitual, que lle permite expor o traballo do seu alumnado na Sala de Arte Joven da Comunidade de Madrid. Na súa última convocatoria dese certame resultaron premiadas as pezas Loreto B., Carlos Fernández-Pello, Javier Fresneda, Julio Galeote, José Enrique Mateo León, Guillermo Mora, Jesús Pedraza Villalba, Paloma Polo e Daniel Silvo, que agora se poden ver en Pontevedra.
12/02/2010