O edificio de Cidade Tecnolóxica de Vigo, situado no campus da Universidade de Vigo, será inaugurado o próximo luns 18 de xullo polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a ministra de Ciencia e Innovación Cristina Garmendia Mendizábal. Ao acto, que contará coa presenza do presidente de Citexvi e reitor Salustiano Mato de la Iglesia, está previsto que asistan numerosas autoridades e persoeiros do mundo universitario, empresarial, político e social de Galicia. Citexvi, Cidade Tecnolóxica de Vigo, SA, é unha entidade constituída por catro socios estratéxicos: Universidade de Vigo, Zona Franca de Vigo, Novacaixagalicia e Xunta de Galicia.
12/07/2011