Os membros da comunidade universitaria coincidiron hoxe en sinalar que a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior é o principal desafío para este curso que comeza. “Que a implantación das titulacións no EEES vaia como ten que ir, que os proxectos de infraestruturas sexan factibles e que comecemos a traballar nas posibilidades de novas titulacións para o campus, discutilas a nivel interno e demandalas a nivel de institucións”, son os obxectivos que marcou Jesús Hernández, vicerreitor do campus de Pontevedra.
Na mesma liña, Juan Manuel Viaño, vicerreitor de Profesorado e Organización Académica da Universidade de Santiago de Compostela, que tamén estivo presente no acto de apertura do curso, apuntou como reto fundamental “culminar a implantación das novas titulacións adaptadas ao EEES das tres universidades".
18/09/2009