A irrupción das redes sociais mudou o xeito de enfocar a comunicación corporativa, na opinión de Paul Carpiotti, profesor da Universidade Rovira i Virgili de Tarragona, que está en Pontevedra impartindo a materia de Métodos de investigación e análise da imaxe corporativa no Máster en Investigación en Comunicación. Ao longo desta semana o alumnado analizou da man deste docente os conceptos de imaxe, reputación e identidade corporativa e a metodoloxía para estudar eses conceptos en casos concretos, é dicir, “o que pensa a xente sobre unha empresa, unha institución, unha marca, unha organización ou partido político determinados e por que o pensa”.
20/11/2009