Era un amante da montaña, un alpinista de corazón pero tamén un docente vocacional. O alpinista vigués, Abel Alonso, finou de forma tráxica o pasado 21 de xullo tras alcanzar un dos seus soños, pisar o cumio do Gasherbrum-I (8068 m) en Pakistán. O seu falecemento séntese especialmente no campus de Pontevedra e máis concretamente na Facultade de Fisioterapia da que el formaba parte como profesor asociado, “encargado de acompañar e guiar aos alumnos e alumnas durante as súas prácticas no Hospital Montecelo”, lembraba este martes a decana do centro, Eva María Lantarón, que quixo facer fincapé na súa calidade humana e profesional.
30/07/2013