Unha discreta cadea entre nacións, centros de ensinanza e persoas. A Sala X da Facultade de Belas Artes do campus inaugura un novo ciclo de exposicións para o curso 2011/2012 coa mostra 'Miniaturas', froito da colaboración de artistas de todo o mundo. Trátase dun proxecto de edición gráfica de intercambio entre centros de ensinanza artística, no que participan 200 alumnos e profesores de 11 facultades e escolas de Arte de Bélxica, Brasil, Canadá, España, Francia e Serbia. “A relevancia radica en que non é común a participación nun mesmo proxecto de diferentes centros docentes tan afastados”, comentou Anne Heyveart, comisaria da mostra.
20/09/2011