Das experiencias, aínda que sexan contadas por outros, tamén se aprende e moito. Baixo esta premisa pecha a súa primeira edición o ciclo de conferencias De promesa a realidade. A comunicación made in Galicia, que na súa derradeira sesión afonda nas relacións públicas e sobre a súa práctica no territorio galego, da man dos profesionais Ángeles Díaz, experta en xestión de crise, Rosa Pontes, da consultoría Torres y Carrera e Juan José García, de APM Management Tools. Todos coinciden en que “queda moito por andar para a consolidación das relacións públicas en Galicia, pero cada vez máis empresas demandan estes servizos”.
11/04/2011