En época de crise son moitos os sectores que agochan novas oportunidades de negocio para a xente emprendedora. Un deles é o medio ambiente, “un campo con futuro” segundo asegura o profesor da Universidade de Vigo, Emilio Fernández, “porque a degradación ambiental é tan grande que non hai escapatoria para a innovación no sector, incluso en época de estancamento económico”, declara. O docente defendeu esta aposta competitiva no marco do III Encontro Internacional de Emprendedores Eduardo Barreiros, unha actividade organizada polo Concello de Ourense que se está a desenvolver ao longo de toda esta semana.
23/06/2010