A única candidatura ás eleccións a decano na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, a presentada polo profesor José María Cancela, actual decano do centro, non acadou os apoios necesarios na votación realizada onte. O resultado deste proceso electoral, iniciado o pasado 17 de marzo, saldouse con 41 votos en contra, 28 a favor e 8 en branco, segundo os datos achegados pola presidenta da xunta electoral, a profesora Mª Ángeles Parrilla. A acta da sesión foi elevada ao reitor e, polo tanto, será Alberto Gago quen dite unha resolución. Con base no procedemento habitual, o reitor nomeará un decano en funcións co obxectivo de convocar novas eleccións nun prazo determinado.
21/04/2010