A catedrática de Parasitoloxía Cristina Arias logrou este martes un amplo respaldo da comunidade universitaria da Facultade de Bioloxía que, con 37 votos a favor, 6 en contra e 5 en branco, converteuna na nova decana do centro. O forte apoio recibido anímana agora a “traballar moito os vindeiros catro anos pola miña facultade”, subliñou a nova decana, ao tempo que admitiu sentir “unha enorme responsabilidade”. Entre as prioridades do novo equipo, Arias, que xa exercera a dirección do Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde dende o 2000 ata o 2006, salientou a necesidade de seguir traballando na implantación do novo grao.
29/06/2010