Estreada en 1963, L´Imortelle foi a primeira longametraxe dirixida polo escritor e cineasta francés Alain Robbe-Grillet, principal expoñente do movemento literario Noveau Roman. Tomando como punto de partida este filme, o profesor Alberto Ruiz de Samaniego articula no seu novo libro La musa inquietante un conxunto de reflexións sobre “a relación entre a imaxe, a realidade e a verdade, o espectral, o deambular urbano, as ruínas e o fragmentario ou a escritura do mito e da novela”.
10/02/2023