O campus de Ourense presentou este martes o que será o V Torneo Internacional de Xadrez Campus de Ourense, unha cita que se presenta renovada en formato co obxectivo de ser máis dinámica e participativa. Nesta edición, a competición, que se desenvolverá os días 30 de xuño e 1 de xullo no pavillón de deportes universitario, contará con dúas modalidades de xadrez, as modalidades rápida e lóstrego. O prazo para inscribirse está aberto ata o xoves 28 de xuño.
19/06/2018