O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu Informe de Conxuntura socioeconómica IV/2023.
A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acollerá o sábado 3 de febreiro a celebración da Olimpíada Informática Galega 2024 (OIG 2024).
Alumnado da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense desenvolveu recentemente o proxecto músiCA(c)TIVA: sesións musicais en escolas infantís do rural ourensán.
A empresa CIE-Galfor, radicada no Polígono de San Cibrao das Viñas, doou á Facultade de Ciencias do campus de Ourense dous robots KUKA TC300 para o seu uso nas prácticas do alumnado do Grao de Enxeñaría Agraria que se imparte neste centro.
Este luns faleceu José García-Calvo, Willy, coordinador dos roteiros culturais da Universidade de Vigo desde a súa posta en marcha hai 25 anos. A comunidade universitaria súmase ao pesar de familiares, amizades e cantos o coñeceron.
Alumnado da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acaba de rematar a súa participación no proxecto europeo eTwinning Singing Maths.
A Rede Localis, xestionada polo grupo Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo, presentou este mércores en Santiago de Compostela o seu quinto informe, titulado Retos e desafíos dos municipios de menor poboación.
Un estudo realizado por Alberto Vaquero e Jaime Cabeza, ambos da Universidade de Vigo, apunta que “España é un dos países de Europa que menos políticas e recursos destina ao coidado da poboación máis nova e ao seu modelo de protección familiar”.
E ti, que científicas coñeces? Con este título preséntase unha nova publicación electrónica xurdida no marco das actividades de eXXperimenta en Feminino, colectivo que traballa no campus de Ourense na visibilización das mulleres nas disciplinas científicas e tecnolóxicas.
O edificio Politécnico campus acolleu este venres a proxección da película 12 no Camiño, realizada e protagonizada por alumnado do Programa Universitario de Maiores (PUM) da UVigo en Ourense.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este xoves pola tarde un acto de homenaxe á profesora xubilada da Universidade de Vigo Purificación Mayobre.
Alma Gómez, profesora da Escola Superior de Enxeñaría Informática, é a nova coordinadora do Programa Universitario de Maiores (PUM) no campus de Ourense. A nova responsable substitúe no cargo a Alberto Vaquero.
A Xunta de Galicia anunciou este martes a acreditación do Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense. A súa consecución materializarase no desenvolvemento durante tres anos dun plan de accións en docencia, investigación e transferencia dotado polo goberno galego con tres millóns para tres anos de duración.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense é a gañadora do distintivo de galeguización da Universidade de Vigo Gal Ego 2023, posto en marcha este curso académico pola institución académica para incentivar e recoñecer o emprego da lingua galega en facultades e escolas. Nesta primeira convocatoria de Gal Ego, a Facultade de Filoloxía e Tradución do campus de Vigo tamén acada un galardón honorífico.