Cada día son máis as familias que, ante a imposibilidade de que o fagan os seus pais naturais, acollen temporalmente no seu fogar a nenos, nenas e adolescentes daquelas familias que están a pasar por unha situación de crise temporal que lles impide atender axeitadamente aos seus fillos e fillas. Sen embargo, na actualidade a normativa vixente que regula esta figura, tanto a nivel estatal como galego, é escasa e incompleta ou, cando menos, esta foi a conclusión a que chegou a profesora viguesa Lidia Noriega na súa tese de doutoramento, un pormenorizado estudo sobre a regulación desta figura en Galicia.
O traballo fai fincapé en que o desexable é intentar como primeira medida a reunificación familiar e, se esta non é posible, débese iniciar a constitución de medidas definitivas de forma inmediata.
12/02/2010