105 estudantes da titulación de Administración e Dirección de Empresas e 16 de Economía, representantes dunha das xeracións mellor preparadas do país, graduáronse este venres no que é un dos momentos máis delicados para a economía mundial. Con todo, foi un acto cargado de emoción, risas e bágoas, moitas bágoas de ledicia, de agradecemento e de despedida. Pola súa formación, estes novos egresados da Universidade de Vigo serán uns dos profesionais chamados a combater a crise global, un labor para o que, segundo o reitor, “estades moi ben formados e sodes o espello do noso traballo, unha parte irrenunciable da vida da nosa institución”.
08/05/2009