O seu futuro estará na docencia, o mundo editorial ou en calquera outro lugar onde sexa preciso o criterio dunha ou dun lingüista. Inquietas, curiosas e sensibles polas linguas, as literaturas e a cultura do país. Así son as 15 graduadas e un graduado da I Promoción do Grao en Estudos de Galego e Español, unha titulación que botou a andar no curso 2009-2010 froito da unión das antigas licenciaturas en Filoloxía Galega e Filoloxía Hispánica. Era unha aposta “nova, arriscada, pero moi atractiva”, dicía unha das tituladas intres antes de iniciar a súa graduación, “hoxe sabemos que non nos equivocamos”, reafirmaba outra.
20/06/2013