Novas promesas do deseño galego formados en Esdemga, Estudos Superiores de Deseño e Moda de Galiza, trasládanse a Andalucía para mostrar dende hoxe ata o 30 de xuño as propostas innovadoras que son quen de crear. Así, Aurea Aburto e Adrián Castro, da última promoción, e Victoria Monasterio, titulada no 2009, participan no desfile Move, Moda en Movemento, de Sevilla, mentres que Ana Pérez Valdés, que rematou en 2008, presenta a súa colección o xoves no South 36.32 N New Fashion Lattitude de Cádiz. Neste escenario tamén participa a directora de Esdemga, Lola Dopico, que impartirá unha conferencia sobre a moda.
29/06/2011