Ademais de aulas, laboratorios e oficinas, baixo os nosos pés o campus de Vigo agocha unha enorme riqueza patrimonial e histórica. Necrópoles e monumentos megalíticos de diversa índole atópanse soterrados, preservados en moitos casos das accións humanas dende hai 6000 anos. Para pór en valor estes xacementos neolíticos coñecidos por moi poucos a Vicerreitoría de Extensión Universitaria ten en marcha un proxecto integral de estudo das diferentes zonas con restos megalíticos e un anteproxecto de actuación en catro fases.
Un dos primeiros pasos é a prospección con xeorradar da necrópole As Xunqueiras/Pedreiras, situada na parte alta do campus, que dará os seus primeiros resultados en dúas semanas, segundo explica Beatriz Comendador, investigadora do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio, GEAAT, e arqueóloga responsable do proxecto.
06/05/2011