Carlos Aldao e Alba Fandiño, ex alumnos e investigadores da Facultade de Belas Artes, expoñen, xunto con outra creadora, Sabela Ruibal, na galería Sabor Amenta de Santiago ata o vindeiro 4 de marzo. Reflexións novas é o título da mostra, unha colectiva que reúne esta pequena selección de artistas emerxentes realizada polos organizadores deste novo espazo cultural. Aldao presenta a súa serie pictórica Conversas íntimas, composta por doce pezas que reproducen espazos lumínicos, mentres que Fandiño expón Cuasi-bonito, un compendio de nove pezas que inclúen fotografía, gravado, pintura e escultura.
08/02/2010