As Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) contribúen á eficacia da comunicación interna das empresas e, en consecuencia, favorecen decisivamente á dispoñibilidade de información, á estratexia e á axilidade na toma de decisións. Ademais, as TIC contribúen notablemente a elevar a calidade e a imaxe organizativa, así como a optimizar a xestión do tempo. Estas son os principais resultados da tese de doutoramento de Jorge Remondes, dirixida polo profesor Fernando Ramos e cualificada con sobresaliente cum laude. O estudo analiza 173 empresas de Galicia e o norte de Portugal dos sectores servizos, comercio e industria.
30/06/2010