Consolidar e divulgar os métodos da aplicación da estatística na investigación, na docencia e na sociedade en xeral en Galicia é o obxectivo do X Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, que tras celebrarse hai dous anos en Ourense, tócalle a quenda ao campus de Pontevedra, que o acollerá por primeira vez os días 3, 4 e 5 de novembro no Pazo de Congresos da cidade. Está organizado pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións, SGAPEIO, e polo Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo, en colaboración coas demais universidades galegas.
27/07/2011