Case desde que naceu o cine, a finais do século XIX, se poden atopar producións audiovisuais que teñen como protagonista a figura de Xesucristo. Con esta revelación o profesor de Comunicación Audiovisual e Publicidade na Universidade de Málaga, Alfonso Méndiz, quere pór de manifesto a relación que existe desde sempre entre o cine e os evanxeos sobre a vida de Xesús, polo que no seu último libro, Jesucristo en el cine, realiza un percorrido polos principais filmes que abordan a súa figura. Tal é a importancia que está a acadar este xénero que “o cine é agora o gran comunicador da vida de Xesús”, apunta Méndiz, que se atopa estes días no campus impartindo o seminario Nuevas formas publicitarias do Máster de Investigación en Comunicación.
20/01/2011