A pesar de que viña cargado de enerxía despois dunha pretempada invicto, o Ednon Universidade de Vigo perdeu, onte, o seu primeiro encontro de Liga fronte ao Oviedo Feve RC por 17-20. “Foi un partido moi disputado onde todo se decidiu nos últimos minutos”, sinalaba o adestrador Anibal Babini.
Este martes, o Ednon Universidade de Vigo será presentado oficialmente ás 13.00 horas na sala I do Edificio Miralles. Ao acto asistirán Mª del Carmen Cabeza, vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes; Ramón González-Babé, presidente do club; Anibal Babini, director deportivo e adestrador; José Enrique Sotelo, da Área de Deporte da Deputación de Pontevedra e representantes dos diferentes patrocinadores do equipo nesta tempada.
05/10/2009