Mañá sábado, a partir das 20.00 horas no Pavillón Municipal de Porriño, o Universidade de Vigo de Baloncesto enfróntase ao Canteiras, equipo que vén de gañar ao Campus Ourense acadando a sexta posición da táboa situándose a un só punto dos vigueses. “Trátase dun partido moi importante no cal xogamos contra o conxunto máis en forma deste final de ano, que leva unha boa racha e onde teremos a baixa de Empi”, sinala a adestradora Cristina Alonso. Pola súa parte, o Ednon TRC, trala vitoria do pasado domingo en Barcelona, intentará novamente dar a sorpresa sabendo da dificultade do rival: o Genika, equipo líder e invicto da Liga. O encontro, correspondente á sétima xornada, disputarase o domingo no campus a partir das 12.00 horas.
19/12/2008