A pesar de que a reciclaxe de vidro pode considerarse un caso de éxito comparado con outros materiais, cada ano 28.000 millóns de botellas e recipientes de vidro acaban en vertedoiros sen posibilidade de seren reciclados. Pare reverter esta situación, o grupo LaserON lidera un proxecto europeo que tratará de revolucionar o proceso de reciclaxe do vidro desenvolvendo unha tecnoloxía radicalmente nova denominada “glass laser transformation”.
Pasión por la educación. Poucas veces o título dun libro resume con tanta precisión a vida do seu autor, neste caso Francisco Michavila, reitor honorario da Universitat Jaume I e testemuña de excepción da evolución que experimentou nos últimos decenios a educación universitaria en España. A obra presentouse este mércores no edificio Redeiras.
18 canles optan a facerse cos Premios Youtubeiras 2023 nalgunha das súas oito categorías: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público.
Silencios arredor dos abusos no seo da igrexa católica; silencios ante a discriminación por razón de sexo ou de raza; silencios sobre os problemas de saúde mental. Son moitos os silencios que, agochados na literatura irlandesa contemporánea, falan do que non se fala. E son eses silencios nos que se centra o libro Narratives of the Unspoken in Contemporary Irish Fiction: Silences that Speak, presentado este luns.
Achegar tanto ao alumnado universitario como ao público xeral un conxunto de nocións respecto das principais institucións do sistema político español e as súas dinámicas de funcionamento. Ese é o propósito central do novo libro do profesor da Facultade de Dirección e Xestión Pública Álvaro Xosé López Mira.
O campus de Ourense abriu este martes as súas portas a 400 estudantes preuniversitarios procedentes de centros educativos da provincia e de Monforte de Lemos. Ao longo da mañá, rapazas e rapaces tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man as instalacións e titulacións.
Como “un espazo para a proxección e presentación de proxectos audiovisuais xerados baixo o foco da UVigo e outras escolas de cine galegas” preséntase Agarima Fest, unha mostra de curtametraxes promovida por titulados, tituladas e alumnado do campus, co apoio da Facultade de Comunicación.
Vigo acollerá no mes de marzo o Congreso do Consello Nacional de Estudantes de Dereito, e farao da man da Delegación de Alumnado da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, que se está encargando da organización do evento, que se desenvolverá entre os días 13 e 16 de marzo.
Desde a pasada semana e ata o 11 de febreiro pode visitarse no Pazo da Cultura unha nova edición de Do final e do comezo, unha exposición promovida polo Concello e a Facultade de Belas Artes que presenta cada ano unha selección de obras que o alumnado desenvolveu como traballos de fin de grao (TFG).
A programación de rutas culturais da Universidade de Vigo xa está en marcha. Este cuadrimestre serán seis as andainas que se celebrarán desde o 27 de febreiro ao 20 de abril.
Tras a grande acollida da pasada edición, que en abril de 2023 puxo fin a tres anos de parón de pola pandemia, a Competición de Robots que organiza a Escola de Enxeñería Industrial regresará ao campus de Vigo o vindeiro 19 de abril.
Identificar zonas clave na prevención e diminución dos efectos destes grandes lumes nas zonas fronteirizas entre España e Portugal é o principal obxectivo do proxecto Firepoctep +, que lidera a EE Forestal e no que participan 17 institucións e entidades dos dous países.
Este xoves, 18 de xaneiro, ás 20.00 h o grupo teatral do Programa Universitario de Maiores de Ourense, chamado Teatro Entrebambalinas, estreará no Teatro Principal da cidade a súa nova produción, a obra Que viva o duque!
O director de Ecobas, Xavier Labandeira, acaba de ser nomeado novo secretario xeral do Policy Outreach Committee da Asociación Europea de Economistas Ambientais e dos Recursos, EAERE, polas súas siglas en inglés.
Alumnado do Grao de Ciencias Ambientais está a celebrar ata o martes 16 o I Congreso de Ecoloxía da Facultade de Ciencias de Ourense, póndose na pel de verdadeiros investigadores e investigadoras.