Este venres déronse a coñecer os III Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus da Auga 2020, convocados anualmente pola Vicerreitoría do Campus de Ourense. Nesta ocasión, son catro os traballos relacionados coa auga premiados: unha tese de doutoramento do eido científico-tecnolóxico, un traballo fin de mestrado de arqueoloxía e dous artigos, un do ámbito xurídico e outro científico-tecnolóxico. Os galardóns, que se entregarán nunha gala que está previsto que se celebre este mes de marzo se a situación sanitaria o permite, están dotados en total con 3600 euros por Viaqua no marco do convenio de colaboración existente entre esta empresa e a Universidade de Vigo.
12/03/2021