Maruja e Balbina, dúas inseparables xubiladas, quedan todos os días no banco de sempre para pasar o tempo. Dunha forma ou doutra sempre acaban metidas nunha aventura diferente. Estas aventuras son as que formarán parte da webserie cómica que estes días gravan en Celanova (Ourense) un grupo de alumnas e alumnos da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo.
26/10/2023