“Temos unha das leis de igualdade máis avanzadas de toda Europa e, polo contra, non estamos a avanzar todo o que se debería, por iso debemos preguntarnos que está pasando e, nese senso, estou convencida de que o principal problema é, precisamente, a falta de carácter imperativo e sancionador desta lei, unha lei que apela fundamentalmente ao voluntarismo, pero que non ten capacidade de sancionar nin de impor”. Así de contundente se amosou esta mañá a presidenta do Consello Xeral da Avogacía, Victoria Ortega, na apertura da xornada A Xustiza desde a perspectiva de xénero: cuestións pendentes.
05/10/2018