30 prazas máis para os campus de Vigo e Pontevedra e 14 para o de Ourense. Campus Camp, o campamento de verán dirixido a fillas e fillos de PAS, PDI e estudantes, incrementa este ano as prazas dispoñibles nos tres campus.
A XXI Mostra Internacional de Teatro Universitario baixou o pano esta semana en Vigo coa posta en escena no Teatro Roberto Vidal Bolaño de La construcción del muro
Comedores escolares ecolóxicos, ‘design thinking’ e ciberseguridade. Estas son as tres temáticas coas que o campus de Vigo renova a súa oferta de cursos de Extensión para este verán.
A Fundación Rosalía de Castro e a Universidade de Vigo organizaron este venres unha nova edición dos Encontros na Casa de Rosalía, unhas xornadas de reflexión sobre a figura e a obra da autora padronesa.
As bandas Spleen e Veintisiete e a solista Cayetana foron os protagonistas do Festival Ensaiamos Colleita 2019 que se celebrou, este luns, no Teatro Roberto Vidal Bolaño do campus de Vigo.
Javier Gil Lloréns, coach persoal e executivo, volveu este luns visitar o campus de Vigo para impartir a conferencia El potencial humano frente a la incertidumbre, unha intervención na que falou do seu libro Como ser tu mejor “yo”.
A vixésimo primeira edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario retomou as representacións onte, mércores, no Teatro Roberto Vidal Bolaño coa representación de Círculo.
Este cuadrimestre, a vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria está a desenvolver no campus de Vigo o obradoiro Comunícate coas túas mans: lingua e cultura da comunidade xorda, no que se encheron as 20 prazas ofertadas e mesmo quedou xente en lista de agarda.
A Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria convoca unha nova edición dos concursos de creación, que comprenden as modalidades de creación audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música.
A XXI Miteu volveu onte ao Teatro Roberto Vidal Bolaño con Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse, a última estrea da Aula de Teatro Universitaria de Ourense, Maricastaña.
José Luis Sampedro non ambientou ningunha das súas obras en Galicia, pero “sobre Alexandría consultei moitas fontes. Tardei máis de tres anos en reunir toda a documentación necesaria.”, explicou no seu día o escritor en referencia á localización da súa novela La vieja sirena.
Este ano o Sonora retornou cun concerto no que os asistentes puideron gozar da música de Santi Araújo e Cora Velasco, que presentaron os seus últimos traballos.
A actividade de divulgación lectora reseñas6, organizada pola biblioteca de Torrecedeira céntrase este mes no texto Debatiendo con Piketty, unha interpretación feminista do capitalismo patrimonial, da economista estadounidense Heather Boushey.