A muller na antigüidade: perspectivas e reflexións. Con este título preséntase unha xornada organizada desde a Área de Historia Antiga da Universidade de Vigo que ten como obxectivo principal dar a coñecer e visibilizar o papel da muller na antigüidade.
Dentro da programación de obradoiros impulsada pola Vicerreitoría para este primeiro cuadrimestre, CCSS e da Comunicación acolle este mes un taller dirixido a familiarizar ao alumnado sen coñecementos de programación coas contornas de traballo nas que se desenvolven os videoxogos.
A aplicación dun impulso rápido e indoloro co propósito de restaurar a mobilidade dunha articulación centra unha nova edición do curso Técnicas manipulativas nas extremidades, que a Facultade de Fisioterapia acolle entre este venres 21 de setembro e o 7 de outubro
As paisaxes do río Lérez, pero tamén a memoria, a concepción do espazo como un “contedor de historias”, son os puntos de partida desde os que cineasta Eloy Enciso levará a dez estudantes do campus a crear unha serie de curtametraxes que en decembro se exhibirán no Teatro Principal.
A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu este xoves a conferencia As relacións entre as xurisdicións contencioso-administrativa e penal, ofrecida por Manuel Rebollo Puig, catedrático de Dereito Administrativo da Universidad de Córdoba.
Co curso académico 2018/2019 iniciándose, neste mes de setembro serán dous os cursos de extensión universitaria que se celebrarán no marco da programación do campus de Ourense. Un deles está centrado no eido da pedagoxía e outro no de turismo.
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo celebrou este luns a conferencia A percepción dos prezos dos produtos e servizos, ofrecida por Jorge Pelegrín, profesor da Área de Comercialización e Investigación de Mercados da Universidad de La Rioja.
Pór en cifras a realidade e as potencialidades de futuro do Polígono de San Cibrao. Con este obxectivo un grupo de investigación da Universidade de Vigo liderado polo profesor Andrés Mazaira está a realizar un estudo que foi presentado este xoves na asociación de empresarios deste polígono.
Unha serie de recomendacións dirixidas a orientar ás mariscadoras na adquisición de rutinas saudables para o desenvolvemento da súa actividade reúnense na Guía de coidados da saúde para o benestar das mariscadoras, realizada co asesoramento de dúas docentes da EU de Enfermaría.
Entre as persoas que recentemente recibiron as súas bandas e diplomas no acto de graduación do alumnado da Facultade de Historia do campus de Ourense estivo Celso González. El é o primeiro en rematar a súa formación na modalidade semipresencial deste grao.
A Aula da Natureza de Oira acolleu este mércores unha actividade didáctica destinada a nenos e nenas sobre a avespa velutina. Nela, investigadoras do campus compartiron cos cativos e cativas unha sesión moi divertida ademais de formativa.
O Foro Económico de Galicia, coordinado polo Grupo Gen da Universidade de Vigo, vén de facer público o seu Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica referido ao mes de abril, que se mantén no 3,8%.
O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle este xoves e venres a celebración do II Congreso da Rede Localis, organizado polo Grupo Gen da Universidade de Vigo. Entre os temas abordados na súa primeira sesión estivo a necesidade de reformar os impostos municipais.
31 estudantes participan nestas semanas no curso de Extensión Universitaria Ensinar ciencias con robótica, programación e produción de contidos multimedia para encerado dixital, no que desenvolven maquetas de espazos da contorna nas que integran robots e xoguetes interactivos.
As Investigadoras do grupo Remoss, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Begoña Paz, Itziar Ezquieta e Cristina Varela realizaron xunto coa asociación socioeducativa e cultural Paspallás un proxecto de ambientación artístico-pegadóxica do Servizo de Rehabilitación Infantil do Hospital Teresa Herrera da Coruña.