A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle deste este xoves e ata o sábado o 6º Congreso Internacional Patrimonio Cultural Inmaterial e Educación, que ten por lema Ponte entre escola e sociedade.
O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, despregaron este mércores boa sintonía na que foi a primeira visita oficial do novo responsable do organismo provincial ao campus vigués.
A Facultade de Relacións Internacionais do campus de Ourense acolleu este luns a conferencia Panorama xeopolítico 2024, ofrecida por Francisco Dacoba, director xeral do Instituto Español de Estudios Estratégicos e organizada en colaboración coa Facultade de Historia.
Este xoves celebrouse na Deputación de Ourense a segunda sesión da Mesa Termal, órgano está integrada polas administracións responsables en termalismo da provincia. Nela todos os membros acordaron a integración efectiva da Universidade de Vigo, a través do Campus Auga, logo da solicitude formulada pola institución académica.
O 74% das persoas graduadas na Universidade de Vigo no curso 2019/20 está traballando e a inmensa maioría faino en Galicia, na empresa privada, a tempo completo e con estabilidade laboral. Así se determina no último informe publicado polo Observatorio de Persoas Tituladas.
A Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade recibiu a visita dunha delegación da Universidade de Zagreb (Croacia) interesada en coñecer o funcionamento da Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade da Universidade de Vigo.
A Área de Dereito Mercantil da Universidade de Vigo organizou este luns na Facultade de Dereito do campus de Ourense un obradoiro sobre a protección do cliente ante as malas prácticas bancarias.
Tras aprobarse a súa creación no mes de abril, o Instituto Universitario de Investigación Xustiza e Xénero (IXEX) celebrou este luns a primeira das súas actividades programas, comezando así a súa andaina co obxectivo de consolidarse como unha plataforma de referencia para o estudo de todos os aspectos asociados con xénero, o seu tratamento ao longo da historia e os cambios que se produciron ata chegar á situación actual.
A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense continuou este luns o seu ciclo de charlas divulgativas Foro Aero coa conferencia Innovación sen crecemento: ciencia, tecnoloxía e innovación nunha era pos-crecemento.
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo e a empresa Qualcomm Technologies, Inc. anunciaron este luns a posta en marcha dun acordo de colaboración que lle facilitará o acceso ao alumnado do centro a cursos de formación e certificación en 5G.
O vicerreitor de Planificación e Sostibilidade e a responsable da Oficina de Medio Ambiente mantiveron recentemente unha reunión coa vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia na que estudaron a elaboración dun plan de refuxios climáticos en Galicia.
O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o vicerreitor de Planificación e Sostibilidade, José Luis Míguez Tabarés, mantiveron este xoves unha xuntanza de traballo co alcalde de Vigo, Abel Caballero, na sede da Alcaldía.
Hai xusto un ano, o profesor do Departamento de Tecnología Electrónica Juan José Rodríguez Andina era nomeado membro 'fellow' do Institute of Electrical and Electronics Engineers, IEEE. Agora a súa traxectoria acada un novo éxito ao ser nomeado presidente electo da IEEE Industrial Electronics Society (IES), unha das principais sociedades que conforman o IEEE.
Ao longo deste curso académico as actividades de divulgación científica da Universidade de Vigo espallaranse polos tres campus para implicar á cidadanía no traballo dos grupos de investigación da institución e visibilizar como as distintas liñas científicas tratan de responder ás necesidades da sociedade.
O Máster en Enxeñaría Industrial, titulación que habilita para o exercicio da profesión de enxeñeira e enxeñeiro industrial, acaba de renovar o prestixioso selo internacional ABET concedido pola Accreditation Board for Engineering and Technology, organización estadounidense sen ánimo de lucro.